Información    Como funciona o noso GDR?
Como funciona o noso GDR?
O GDR elaborou unha estratexia de desenvolvemento rural. Nela inclúense as principais posibilidades, oportunidades e necesidades do territorio dende o punto de vista produtivo, económico, dotacional e social. Esta estratexia presentouse á convocatoria do programa para período 2007-2013, que publicou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) o 16 de xuno de 2008 (DOGA nº 115 de 16 de xuño),sendo concedido o programa ao noso GDR na primeira resolución da convocatoria o día 23 de decembro de 2008.

Os GDR, ademais de ser os encargados de deseñar a estratexia de desenvolvemento presentada para a concesión do proxecto, son os encargados de poñer en marcha dita estratexia no territorio e cumprir os obxectivos establecidos na candidatura.

Programa de Desenvolvemento Rural da AGDR18  MAIV – BAIXO MIÑO
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.