Información    Que é o programa Leader Galiza 2007-2013?
Que é o programa Leader Galiza 2007-2013?
A Unión Europea impulsa o programa Leader (Ligazón Entre as Actividades deDesenvolvemento da Economía Rural) dende o ano 1991, para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural. Deste xeito, os diferentes territorios do rural deixan de ser meros destinatarios destas políticas para converterse nos protagonistas do seu propio desenvolvemento. Trátase dun enfoque de abaixo-arriba, xa que a estratexia se define no ámbito local. A capacidade de decisión reside nunha unión de axentes locais (públicos e privados) que desenvolven os proxectos tratando de implicar os diferentes sectores da zona, fomentando a cooperación e o traballo en rede e incorporando a innovación ao seu traballo. Para o éxito deste enfoque é fundamental a implicación da poboación de cada zona xa que é de quen dependen os procesos que se xeren e mais os resultados que se obteñan en cada programa. Dita implicación garántese a través da participación cidadá por medio das asociacións e institucións socios/as no proxecto, e da súa colaboración nas mesas sectoriais nas que se encadran cada unha delas/es.

Os programas Leader aplicáronse en Galiza durante os períodos 1991-1994, 1994-1999 e 2000-2006. Nos últimos anos engadíronselle os programas Proder e Agader, baseados tamén na metodoloxía do Leader, de xeito que se chegou a cubrir todo o rural galego a través de 40 programas locais. Para o novo período 2007-2013,o programa denomínase Leader Galiza 2007 – 2013 e nel participan 31 Grupos de Desenvolvemento Rural.
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.